OBRADOIROS
Contar con papel, do libro ao escenario: a maxia do papel cobra vida. Historias que se encartan, ilumínanse e cóntanse. O papel como ponte entre a lectura e a fantasía.
Nos nosos obradoiros exploramos a arte de crear e contar con papel. A través de técnicas como o Kamishibai, os emakis, os teatros de papel, os xoguetes, máscaras de papel, os teatros de sombras e as luminarias, descubrimos xuntos como este material sinxelo convértese nunha ponte cara á imaxinación.
Cada encontro é unha invitación para aprender e divertirnos, experimentando coas mans e as ideas. O papel transfórmase en escenario, en personaxes, en historias que viaxan e compártense.
Con máis de 30 anos de experiencia na arte do teatro de papel, comparto non só técnicas, senón tamén a paixón por narrar, xogar e crear. A lectura é sempre o punto de partida, fonte inesgotable de inspiración para dar vida ás nosas creacións.
Máis que manualidades, estes obradoiros son un espazo para contar historias, espertar a creatividade e cultivar o amor polos libros.

OBRADOIRO CREANDO UN KAMISHIBAI
Créase a historia, confecciónase un mini Butai de Kamishibai, ilustran as lamínas e personaxes. Ao final do obradoiro os alumnos, representan o seus contos e poden levar para casa o seu Kamishibai.

OBRADOIRO DE CINEMAKIS
Os obxetivos do obradoiro de teatriños de papel é ensinar ós rapaces de maneira lúdica e creativa as partes estructurais dun EMAKI clásico (teatro lumínico tradicional xaponés a partir de pergamiños ilustrados) e transformalo nun xoguete, do cal se poida inculcarlles a paixón de inventar e contar historias a través da ilustración e a imaxinativa persoal de cada un. Os nenos crean historias a partir de lecturas que teñan feito ou ben inventan narrativas novas.

OBRADOIRO DESPREGABLES POP-UP
Este obradoiro é para aprender a técnica despregables pop-up e mecanismos pop-up.
Este obradoiro ten como obxectivos principais:
- Técnicas e conceptos básicos pop-up
- Realización de exercicios prácticos
- Desenvolvimiento de narrativas a partir da manipulación do papel.
- Papel, cartón e pop-up

OBRADOIRO TEATRO DE PAPEL EUROPEO
Neste obradoiro, aprendemos as partes dun teatro de papel europeo.
Escribimos o noso propio conto ou historia, realizamos os decorados e personaxes.
Ao finalizar, narramos por quendas a obra. Levamos para as nosas casas os teatriños, para poder seguir creando e xogando.

OBRADOIRO DE RECORTABLES E XOGUETES DE PAPEL
Obradoiro inspirado en xoguetes antigos de papel, contemporaneos e recortables da marca supervillano.
Os alumnos aprenden a xogar con formas xeométricas e arquitectura de papel, para desenvolver divertidos xogos , que poderán adaptar aos seus contos e lecturas favoritas.

OBRADOIRO DE MASCARAS
O obradoiro de mascaras de papel e cartón, pode estar destinado a publico infantil e adulto.
No obradoiro podemos experimentar con volumen, cores e diferentes tipos de papel e as súas texturas.
Pódese adaptar e enfocar a distintas temáticas e eventos.
Un obradoiro divertido e onde se traballa a creatividade.

OBRADOIRO TEATRIÑO DE SOMBRAS
Este obradoiro realízase un teatriño de sombras.
Con base a lecturas, creamos historias con figuras e fondos opacos que recreamos nos nosos escenarios.
Ao finalizar l@s participantes representan as súas montaxes, onde traballan a comunicación e interpretación.

OBRADOIRO DE LUMINARIAS
Neste obradoiro realízase unhas luminarias tradicionais de primavera, na que cada participante,
recrea os seus gustos sobre a natureza, sentimentos e obxectos persoais especiais.
Ao finalizalas, preséntanas ao grupo e explican o seu significado.

Extraordinario
Oferta Teatros de papel personalizados para regalar en Nadal
“Cada peza é única, feita a man e pensada para ti.”
Este Nadal podes sorprender cun agasallo único: un teatro de papel creado especialmente para ti.
Cada peza está ilustrada e construída de maneira artesanal, pensada para converterse nun recordo inesquecible.
------------------------------------------------------------------------------------------------------
Só aceptarei un número limitado de encargos personalizados, dispoñibles ata o 31 de outubro.
Deixa que a túa historia cobre vida nun escenario en miniatura e regala algo tan máxico como atemporal.
Escríbeme para reservar o teu encargo antes de que se pechen as prazas.
Crea tu propia página web con Webador