“As lendas do conde Breixo”

“As lendas do conde Breixo” é o nome dunha peza teatral en clave de contacontos, narrada a través de Kamishibai (teatro de papel) tradicional xaponés con música de zanfona en directo. É unha peza con guion baseado en varias lendas e mitos tradicionais galegos.

Lendas Galegas en Escena

As historias do Conde Breixo céntranse en lendas tradicionais galegas, transmitindo a riqueza cultural de Galicia a través do teatro de papel.

Un Teatro de Papel Único

O que distingue ao Conde Breixo son as súas ilustracións propias e a música en directo que acompaña cada representación, ofrecendo unha experiencia teatral inigualable.

Nós

Os intérpretes deste contacontos son, o actor e ilustrador Juan Juste un “gaito kamishibaiya” único en Galicia con máis de vinte e cinco anos de experiencia no teatro de papel, e á Zanfona, frauta e pandeiro atópase o músico Javier Villalustre, con máis de vinte e catro anos no mundo da música tradicional.