Información 

Montaxe de teatro de papel pop-up Kamishibai e Emakis, na que se conta a historia dun extraterrestre moi peculiar, que viaxa por varios planetas e coñece moitos outros alieníxenas moi diferentes, pero cos que descubrirá que ten algo en común.
 
“Extra Terrestre” é unha historia con mensaxes e ensinanzas sobre a amizade, a tolerancia, o respecto, a igualdade e a xenerosidade.

¿Qué Ofrecemos con 'Extra Terrestre'?

Ofrecemos unha experiencia teatral única que combina a tradición do Kamishibai con narrativas innovadoras e técnicas sorprendentes. 'Extra Terrestre' é máis que unha obra, é unha invitación para explorar mundos imaxinarios.