Información
Esta montaxe narra e interpreta contos para educar na igualdade e na diversidade. O eixo central das historias é a fada Menta, personaxe do “Libro das emocións para nenas e nenos”, da autora Gemma Lienas, quen autorizou á nosa compañía para representar os seus contos en Galicia. As técnicas utilizadas para a representación son os despregables Pop-Up e o teatro de papel.
Mirar dentro de uno mesmo e aprender a coñecerse.
Montaxe para nenas e nenos, pero tamén para nais, pais e educadores en xeral. Nel trabállase a intelixencia emocional, tanto para comprender aos demais e relacionarse con eles, como para mirar dentro de uno mesmo e aprender a coñecerse.



Crea tu propia página web con Webador