
Os fíos invisibles
Os fíos invisibles é un espectáculo de teatro de papel que convida a reflexionar sobre a corresponsabilidade no fogar e as masculinidades igualitarias a través da emoción, a poesía e a forza das imaxes.
Lonxe dos discursos ou as ensinanzas, a proposta presenta tres relatos independentes unidos por un mesmo fío condutor: aprender a mirar aquilo que, sendo esencial para a vida cotiá, moito veces pasa desapercibido.
A obra está concibida como unha experiencia visual e sensorial onde a narración oral fusiónase co kamishibai xaponés, o teatro de papel europeo, o emaki tradicional, as ilustracións orixinais a acuarela e tinta, elementos tridimensionais e delicados xogos de luz que converten o papel nun espazo vivo.
Crea tu propia página web con Webador