Con Supervillano, o xogo en familia convértese nunha aventura. Os nosos recortables e teatrillos de papel están pensados para que os peques divírtanse mentres desenvolven a súa creatividade e coordinación.

Poderedes recortar, montar e xogar xuntos!

Cada peza é unha invitación para imaxinar, inventar historias e pasar un intre inesquecible cos pequenos viláns da casa.

Porque a vida se goza mellor cando a compartimos e tomámonos tempo para estar xuntos… esa é a verdadeira actitude vilá!

RECORTABLES

Con máis de trinta anos de experiencia no teatro de papel, sumados a unha longa traxectoria en departamentos de arte vinculados ao packaging e ás artes gráficas, e máis de corenta anos como ilustrador, atopei en todo ese percorrido un fértil campo de cultivo.
Desa combinación de oficio, curiosidade e unha boa dose de pedagoxía, nace unha liña de recortables pensada para inspirar o xogo en equipo, a creatividade e a imaxinación.
Unha invitación para gozar, xogar e soñar… sempre en boa compañía. 

Crea tu propia página web con Webador