Oferta Teatros de papel personalizados para regalar en Nadal

“Cada peza é única, feita a man e pensada para ti.”

Este Nadal podes sorprender cun agasallo único: un teatro de papel creado especialmente para ti.
Cada peza está ilustrada e construída de maneira artesanal, pensada para converterse nun recordo inesquecible.

Só aceptarei un número limitado de encargos personalizados, dispoñibles ata o 14 de novembro.

Deixa que a túa historia cobre vida nun escenario en miniatura e regala algo tan máxico como atemporal.

 Escríbeme para reservar o teu encargo antes de que se pechen as prazas.

Cada teatrillo pode adaptarse á historia que queiras contar: con ilustracións exclusivas, imaxes significativas e a maxia de converterche en protagonista da narración.

Podes elixir distintas opcións

Escoller un dos nosos recortables e ser o protagonista

Nos nosos recortables de "Supervillano", podes escoller o que mais adáptese ao teu gusto. E nós incluirémoste na historia así como  realizaremos o teu avatar co mesmo estilo grafico e de ilustración. Ata un máximo de catro personaxes. 

Construción Teatrillos únicos e personalizados

Un agasallo orixinal e entrañable, ideal para celebrar momentos especiais ou conservar recordos nunha forma artística e atemporal.

Recrearemos a túa historia, creando un teatrito, fondos e avatares,  confeccionados de maneira artesanal, cada teatrillo é unha peza única que une tradición, creatividade e emoción.

"Este Nadal regala un universo en miniatura". Teatros de papel personalizados, feitos a man, dispoñibles por encargo ata o 14 de novembro. Pezas únicas para sorprender con maxia e poesía.